martes, 8 de marzo de 2011

Máis mentiras do goberno de Evencio

O goberno municipal trata de salir dunha mentira con outra

Carballo, martes, 8 de marzo de 2011.- Produce estupor comprobar a pouca consideración en que o goberno carballés ten ós seus conveciños. Debe pensar que somos parvos, pois só así se explica que pretenda ocultar unha mentira con outra. Este goberno non está ó nivel que os carballeses merecen. Xa non se trata só de incompetencia, senón de algo moito máis grave: o goberno minte ós cidadáns sin rubor nin remordimento.

Así sucede no caso dos vehículos cedidos pola DXT no seu día para mellorar a seguridade, que siguen agochados nunha nave municipal dende hai un ano. En lugar de dar explicacións e asumir responsabilidades sobre ese abandono, o goberno municipal dedícase a lanzar lixo ós que descubren as súas maniobras de ocultación, empeorando a súa mentira con outra máis gorda.

Hai un ano, o goberno presentou eses vehículos anunciando que con eles se melloraría a seguridade e que a policía carballesa disporía deses vehículos “de xeito permanente”. Agora xa sabemos o que significa “permanente”: que os coches estarían durante todo un ano “permanentemente” aparcados nunha nave, sen ningún tipo de uso. Xa que logo, non é certo que a Policía local utilizara eses vehículos en todo ano (non hai ningún parte de uso deses vehículos, nin foron vistos durante este ano cumplindo algunha función). Tamén é rotundamente falso que eses vehículos se prestaran a outros concellos, como dixo o concelleiro para tratar de enmascarar a “desaparición” deses automóviles da circulación. De ser así, o concelleiro poderíao demostrar co documento de cesión temporal a eses concellos. Pero nin existe tal documento, nin existiu nunca esa falsa cesión.

Denunciamos a demagoxia barata do goberno, cando acusa ó PP de querer “cazar” ós conductores. Non, señor concelleiro. Os únicos que van de caza parecen ser vostedes. Humildemente, o único que pide o PP é que se utilicen os recursos públicos dispoñibles para o servizo de todos, porque foron adquiridos cos cartos de todos e a todos nos costa ganar o noso pan (salvo a vostedes, polo que se ve). Se o goberno mellor pagado da historia non sabe ou non quere utilizar os medios que tén á súa disposición, mellor que se bote a un lado e lle deixe a responsabilidade a outros.

Neste caso, é evidente que eses vehículos servirían para mellorar a seguridade, que ten moito que mellorar en Carballo. Por exemplo, poderían utilizarse para vixiar determinadas carreteras e pistas de acceso e saída de Carballo que están sendo utilizadas para facer "carreiras" ilegais, e onde hai queixas de veciños pola velocidade temeraria á que circulan determinados vehículos. Pero o goberno local nunca dou ningunha orde nin tivo plans de uso de ese material para esa función nin para ningunha outra. Os controis de alcoholemia e radar efectuados o ano pasado, aos que alude o concelleiro cando pretende confundir (tomándonos outra vez por parvos), non foron realizados por eses vehículos, senón pola Garda Civil.

Volvemos a insistir: se o goberno ten algúnha proba do que afirma, debera probalo con documentos. A súa credibilidade está baixo mínimos. Convénzanse: unha mentira, por repetila e incluso cambiala moitas veces, nunca chega a facerse verdade

domingo, 6 de marzo de 2011

O CONCELLO NON UTILIZA OS VEHICULOS POLICIAIS

O PP DENUNCIA QUE O CONCELLO NON UTILIZA OS VEHICULOS POLICIAIS CEDIDOS POLA DXT HAI UN ANO.

Os vehículos adaptados para usos policiais permanecen gardados co resto dos vehículos inmovilizados pola policia local sen cumplir ningunha función.


Carballo, 5 de marzo 2011.- Dende hai un ano, cando o goberno municipal fixo propaganda da súa cesión, os coches especialmente adaptados para usos policiais de control e vixiancia do tráfico e a seguridade vial, non realizan ningunha das funcións para as que están especialmente adaptados.

Despois de coñecer as dificultades que tiveron os coches da policia local para superar as correspondentes inspeccións da ITV, polo seu deficiente estado de mantemento, agora descúbrese que o material cedido pola DXT non se utiliza pola desidia e incompetencia do goberno municipal.

A infrautilización dos recursos humanos e os medios materiais é unha das razóns que explica a situación de deterioro da seguridade no concello de Carballo,e o malestar dos membros da policia local cos séus responables políticos.

O goberno municipal, eludindo a súa responsabilidade, enganou os carballeses cando afirmaron que os vehículos estaban sendo prestados a outros concellos para que os utilizaran. A realidade e que non están en funcionamento e permanecen agochados nunha nave municipal .

Dende o PP de Carballo, reclámanse as oportunas explicacións e responsabildades por esta situación totalmente inxustificable , cando é mais que evidente que a posta en funcionamento de este tipo de medios de control mellorarían a seguridade vial e o control nas vías públicas do noso concello.

viernes, 4 de marzo de 2011

EVENCIO, ¡MENOS OPTIMISMO E MAIS REALISMO!

A realidade desminte tódolos días as valoracións optimistas do goberno.

O PP RECLAMA DO ALCALDE MENOS OPTIMISMO E MAIS REALISMO E ACTUACIONS CONCRETAS NA SEGURIDAD CIDADAN.

Carballo. 4 marzo 2011.- A concelleira Marga Varela, representante do PP de Carballo na comisión municipal de seguridade, ven de facer unhas declaracións nas que puxo de manifesto que cada día a realidade de Carballo desminte o balanzo positivo e optimista que sobre a seguridade cidadán no noso concello fixo o goberno carballés.

De novo os ataques continuados e repetidos en instalacións públicas, os danos as propiedades privadas, as pelexas na rúa e os pequenos roubos a persoas e locais están a orde do día sen que se aprecie un cambio de actitude dende o goberno ou o alcalde de carballo, que continúa a observar toda esta situación sen tomar ningunha medida para enfrontar esta preocupante inseguridade entre os cidadáns.

A seguridade cidadán e unha responsabilidade compartida por todos e o conxunto da sociedad debe colaborar e mellorar esta situación, pero as responsabilidades políticas tenas o goberno que en 8 anos non fixo nada para atallar os problemas que agora se acumulan: nin acometeu a necesaria reordenación do cadro de mandos, nin fixeron nada para acadar a rátio recomendada de 1 policía por cada 1.000 hbts, incumpriron os compromisos en materia laboral cos axentes e na actualidade en vez de estar traballando todos xuntos para mellorar a vixiáncia e a seguridade en Carballo, están enfrontados nos tribunais por cuestións laborais.

A concelleira dixo que independente das causas externas , a mala xestión do departamento de Policía ven a agravar esta situación, por canto temos un responsable político na fase final do seu mandato, que xa non ten ningunha autoridade nin iniciativa para enfrontarse ao problema namentras o alcalde non toma as rendas desa delegación e continúa coa propaganda e a falla de decisións.