martes, 8 de marzo de 2011

Máis mentiras do goberno de Evencio

O goberno municipal trata de salir dunha mentira con outra

Carballo, martes, 8 de marzo de 2011.- Produce estupor comprobar a pouca consideración en que o goberno carballés ten ós seus conveciños. Debe pensar que somos parvos, pois só así se explica que pretenda ocultar unha mentira con outra. Este goberno non está ó nivel que os carballeses merecen. Xa non se trata só de incompetencia, senón de algo moito máis grave: o goberno minte ós cidadáns sin rubor nin remordimento.

Así sucede no caso dos vehículos cedidos pola DXT no seu día para mellorar a seguridade, que siguen agochados nunha nave municipal dende hai un ano. En lugar de dar explicacións e asumir responsabilidades sobre ese abandono, o goberno municipal dedícase a lanzar lixo ós que descubren as súas maniobras de ocultación, empeorando a súa mentira con outra máis gorda.

Hai un ano, o goberno presentou eses vehículos anunciando que con eles se melloraría a seguridade e que a policía carballesa disporía deses vehículos “de xeito permanente”. Agora xa sabemos o que significa “permanente”: que os coches estarían durante todo un ano “permanentemente” aparcados nunha nave, sen ningún tipo de uso. Xa que logo, non é certo que a Policía local utilizara eses vehículos en todo ano (non hai ningún parte de uso deses vehículos, nin foron vistos durante este ano cumplindo algunha función). Tamén é rotundamente falso que eses vehículos se prestaran a outros concellos, como dixo o concelleiro para tratar de enmascarar a “desaparición” deses automóviles da circulación. De ser así, o concelleiro poderíao demostrar co documento de cesión temporal a eses concellos. Pero nin existe tal documento, nin existiu nunca esa falsa cesión.

Denunciamos a demagoxia barata do goberno, cando acusa ó PP de querer “cazar” ós conductores. Non, señor concelleiro. Os únicos que van de caza parecen ser vostedes. Humildemente, o único que pide o PP é que se utilicen os recursos públicos dispoñibles para o servizo de todos, porque foron adquiridos cos cartos de todos e a todos nos costa ganar o noso pan (salvo a vostedes, polo que se ve). Se o goberno mellor pagado da historia non sabe ou non quere utilizar os medios que tén á súa disposición, mellor que se bote a un lado e lle deixe a responsabilidade a outros.

Neste caso, é evidente que eses vehículos servirían para mellorar a seguridade, que ten moito que mellorar en Carballo. Por exemplo, poderían utilizarse para vixiar determinadas carreteras e pistas de acceso e saída de Carballo que están sendo utilizadas para facer "carreiras" ilegais, e onde hai queixas de veciños pola velocidade temeraria á que circulan determinados vehículos. Pero o goberno local nunca dou ningunha orde nin tivo plans de uso de ese material para esa función nin para ningunha outra. Os controis de alcoholemia e radar efectuados o ano pasado, aos que alude o concelleiro cando pretende confundir (tomándonos outra vez por parvos), non foron realizados por eses vehículos, senón pola Garda Civil.

Volvemos a insistir: se o goberno ten algúnha proba do que afirma, debera probalo con documentos. A súa credibilidade está baixo mínimos. Convénzanse: unha mentira, por repetila e incluso cambiala moitas veces, nunca chega a facerse verdade

No hay comentarios: