miércoles, 23 de febrero de 2011

Moción sobre os presupostos 2011

Ó PLENO DO CONCELLO DE CARBALLO


JUAN CARLOS CASTRO POMBO, voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular, ó abeiro do disposto nos artigos 91 e 97 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, presento a seguinte MOCION instando ó goberno á presentación dos Presupostos para o ano 2011:

Exposición de Motivos:

A Lei de Facendas Locais (Real Decreto Lexislativo 2/2004) obriga ó alcalde a remitir ó Pleno os presupostos do ano seguiente antes do 15 de outubro de cada ano (artigo 168.4), de xeito que, tras a publicación e resolución de alegacións, sexan aprobados definitivamente antes do 31 de decembro do ano anterior ó exercicio no que deban aplicarse (artigo 169.2).

Ante a presión do grupo municipal do PP para que o alcalde cumplira coas obrigas legais, o día 13 de xaneiro de 2011 o Sr. Ferrero comprometeuse pública e expresamente a que o borrador dos Presupostos para 2011 “estea este mes [xaneiro] a disposición dos grupos municipais para o seu debate”. Pasado o mes de xaneiro que o propio alcalde se daba como prazo, vai rematar febreiro e seguimos sin borrador nin presupostos.

Unha vez máis, o alcalde incumple a súa palabra, sin ningún tipo de explicación da súa incapacidade, nin causa que xustifique a demora na presentación das contas, posto que ten a maioría suficiente para aprobalas no Pleno.

A explicación desta demora debe buscarse en que, tras oito anos de goberno de Evencio Ferrero en Carballo, a pésima situación económica do Concello impide cadrar as contas. Proba desta situación é que, por primeira vez na historia do Concello, o resultado presupostario do ano 2009 foi negativo. E á vista da nefasta xestión económica do goberno municipal, moito nos tememos que “consiga” repetir o mesmo resultado negativo na liquidación dos presupostos de 2010.

Esta situación económica, por moito que o alcalde queira vendernos, non ten que ver coa crise, posto que xa pasamos antes por crises semellantes ou peores, que se superaron sin déficit das arcas públicas municipais, gracias a unha boa xestión dos recursos disponibles por parte de gobernos responsables. Neste caso, o resultado económico das contas, mal que lles pese, débese ó “mérito” exclusivo do goberno municipal, pola súa xestión irresponsable do diñeiro de todos.

Por todo o exposto, o grupo municipal do PP de Carballo propón que o pleno da corporación adopte o seguinte ACORDO:

O pleno da corporación municipal insta ó grupo de goberno a que, á maior brevidade, presente ós distintos grupos municipais a proposta de Presupostos municipais para o ano 2011, para o seu debate no próximo pleno que se celebre no mes de marzo.

Carballo, 23 de febrero de 2011.

No hay comentarios: