martes, 19 de octubre de 2010

Unha vez máis, o Goberno de Carballo fai a vista gorda en unha obra sin licencia.

Na mañá de onte Lunes día 18, o Partido Popular é informado por parte de varios veciños de Paradela, na parroquia de Sofan, de que en esta zona se estaban a iniciar obras de instalación dunha antena de telefonía móvil, e que dado a pouca distancia que a separan das casas non é do seu agrado esta instalación. O concelleiro deste grupo do PP Ricardo Serrano estivo na Oficina Tecnica do Concello donde lle informan que unha empresa de telefonía tiña solicitada esta licencia, pero que ainda está en estudio e non lle foi concedida, polo que non podían iniciar as obras ata que o Concello se pronunciase. O concelleiro de Urbanismo foi informado deste tema por parte do concelleiro do PP Ricardo Serrano, José Antonio Viña contesta que darán orden de paralización das obras. A dia de hoxe comprobamos que a empresa constructora continua coas obras.
Dende o Partido Popular denunciamos a falla de control sobre as obras e solicitará unha vez máis que se paralice esta instalación ata que o Concello se pronuncie na concesión da licencia de instalación, que por outra parte consideramos que non cumple os requisitos que marca a Ordenanza do Concello, xa que a menos de 2.000 metros existe outra instalación similar.


Un saludo
Partido Popular de Carballo - Gabinete de Prensa

No hay comentarios: