miércoles, 15 de septiembre de 2010

O PP DENUNCIA O AFÁN RECAUDATORIO DO ACTUAL GOBERNO DE CARBALLO

Unha vez máis, este grupo quere denunciar o afán recaudatorio por parte do actual goberno de Carballo.

Carballo, 14 setembro.- Cando despois de máis de sete anos de goberno co BNG, encabezado polo alcalde Evencio Ferrero, non foi quen de reconducir o Deporte en Carballo, cabe recordar que se gastaron máis de 20.000 € en un informe externo para saber as necesidades e direccións que tiña que coller o deporte en Carballo, e a día de hoxe dende o PP consideramos que non houbo resultados positivos.

Tamén cabe recordar que en sete anos pasaron polo concello tres responsables da área de Deportes (José Antonio Periscal, Evencio Ferrero e Marcos Trigo), pero parece que o goberno non e quén de facer un proxecto sólido do deporte en Carballo.

O pasado mes de Agosto encontramos unha proba máis do afán recaudatorio que tén o goberno de Carballo, así como un tremendo fallo de control, xa que cando no mes de agosto a piscina e o gimnasio da C/ Carballo Calero estivo cerrada, ós seus usuarios cobrouselle o recibo íntegro, coma se as instalacións estiveran en servicio.

Dende o PP consideramos que os usuarios deben pagar por facer uso das instalacións municipais, pero sempre e cando se lle presten esos servicios.

Tanto o Alcalde coma o Concelleiro de Deportes deberían aclarar o porqué de este cobro sen sentido, e quén é o responsable de esta falla de control.

Partido Popular-Grupo Municipal de Carballo

Gabinete de Prensa

No hay comentarios: