miércoles, 31 de marzo de 2010

O PP DE CARBALLO FELICITA O GOBERNO DE FEIJOO POLA REBAIXA DA PEAXE DA AUTOPISTA CORUÑA-CARBALLO

O cumplimento da promesa electoral, no primeiro ano de goberno de Feijoo, reafirma o seu compromiso real co desenvolvemento da nosa comarca, e a seriedade da súas propostas. É a primeira vez que se toma unha decisión que supón a baixada real da peaxe, en liña co sentir maioritario da poboación das nosas comarcas. O PP destaca que a baixada proposta mellora as previsións iniciais de primar únicamente os profesionais, permitindo que poidan ser aplicables a tódolos usuarios, sin excepcións. A baixada suporá importantes aforros principalmente para aqueles que por motivos de traballo ou estudo debán trasladarse diariamente a Coruña. Nas actuais circunstancias de crise económica, a rebaixa incidirá positivamente nos costes das nosas empresas e mellorará a competitividade do noso territorio. Unha vez máis ponse de manifesto a diferencia entre os gobernos responsables, que fan o que prometen e os que soio saben prometer e cando lles chega a oportunidade de gobernar non cumplen. Esta decisión compensa, en parte, o maltrato do goberno bipartito coa nosa comarca, que lonxe de elimina-la peaxe como prometeran, aumentárona de xeito continuado durante os seus anos de goberno na Xunta.