jueves, 27 de agosto de 2009

Volta ó monte!!

E absolutamente impresentable que pidan agora o que non fixeron cando tiveron a oportunidade

O PP CONSIDERA UN DESCARO INACEPTABLE QUE O BNG PROPOÑA PARA OS ORZAMENTOS 2010 PROXECTOS QUE NON ATENDERON CANDO ESTABAN NO GOBERNO.

· O BNG quere enganar os Carballeses volvendo a vista atrás e retomando a suas vellas demandas dos anos 90, sen decatarse de que no ano 2010 todos sabemos que non foron quén de materializar nin unha soia delas cando tiveron a responsabilidade de gobernar.

· A comarca de Bergantiños ten unha longa experiencia do xeito de actuar do Sr. Aymerich. Nunca foi quén de cumplir ningunha das promesas que fai nas suas visitas a nosa comarca, onde busca mais reforzar a sua posición dentro do Bloque contentando os seus que defender os intereses da nosa comarca .

· En catro anos non foron quén de rematar nin o Poligono industrial, ni a circunvalación de Carballo, nin a autovia Carballo-Fisterra , proxectos que xa estaban contemplados en orzamentos da Xunta no ano 2005. E por suposto non fixeron nada para construir un novo ambulatorio nen dotar a comarca de unha ambulancia medicalizada . O “presunto” interés polo hospital comarcal e o colmo da desrvergoña xa que non aparecía na programación de investimentos en infraestructuras hospitalarias feita polo bipartito ata o ano 2020.

· Porqué está tan preocupado agora do Poligono industrial e cando estaba na Xunta non se posicionou en contra dos altos prezos das parcelas? Recordámoslle que a situación do poligono de Carballo está provocada pola mala xestión do BNG dende a Consellería de vivenda.

· O que tén que explicar o deputado nacionalista é porque dende 2006 prometeron una escola infantil para Carballo i en abril do 2009 cando deixaron o goberno, ainda estaba sen empezar.