miércoles, 21 de mayo de 2008

O Partido Popular denuncia a mala situación do deporte de Carballo pola ineficacia da Concellería de Deportes e do Alcalde.


Dende fai un ano temos un concelleiro con adicación parcial o concello para dirixir a área de deportes e increíblemente para facer un estudio sobre as necesidades do deporte en Carballo encárgaselle a unha empresa externa con un coste de 20.000 euros.

Consideramos que tendo un concelleiro con adicación ó concello, contando co Patronato Deportivo Municipal e todolos profesionais deste organismo e coa axuda dos directivos das distintas entidades deportivas da zona deberían saber cales son as necesidades deportivas do noso Concello

O Alcalde despois de prometer impulsar o Patronato, despois de prometer crear unha fundación para o Deporte ao remate soio se lle ocurre encargar unha asistencia técnica que lle sirva de coartada para a sua falta de proxecto e o seu fracaso en esta materia durante cinco anos.

En pasados días, en unha reunión do consello rector do Patronato Deportivo Municipal, do cal forma parte o concelleiro do PP Ricardo Serrano, podemos comprobar a ineficacia na organización interna do Concello e o Patronato, pois namentras o Patronato concede subvencións as entidades deportivas do concello por un lado, e o Concello firma convenios para financiar “algunhas entidades” por outro.

A situación de provisionalidade, de falla de comunicación e incertidume entre o persoal e os profesionais é notable entre o persoal das distintas instalacións e servizos, e está a causar tensión e falta de motivación no traballo que prexudica moito o normal desenvolvemento das actividades.

En materia de infraestructuras deportivas o balance é moi negativo, cabe recordar o caso do ximnasio do polideportivo municipal, co material instalado e sin uso coñecido ou que despois de catro anos de espera, i en plena competición, o Concello acometeu a sustitución do cespede das Eiroas. As deficiencias en ditas obras son manifestas e a dia de hoxe non se está a traballar para buscar unha solución.

Do mesmo xeito hai menos de un ano que se fixo unha importante inversión de mellora no campo de As Pedreiras-Berdillo que tamen quedou con moitas deficiencias, como por exemplo o drenaxe do mesmo, que provoca que a dia de hoxe o campo volva a estar impracticable.

Cabe recordar tamen que o maior investimento en infraestructuras deportivas de este Concello durante este mandato foi construir un campo de fútbol no Concello de A Laracha.

Sen duda, unha concellería sen criterios, sen ningún plan de traballo, sen saber qué queren facer nin cara onde queren orientar a actividade deportiva do Concello que ten coma resultado un despilfarro permanente dos recursos e unha situación de absoluta paralización do deporte en Carballo .

jueves, 15 de mayo de 2008

A rúa San Xosé de Carballo carece de aceras

Dende hai bastante tempo, os veciños veñen queixándose do deficiente estado das beirarrúas da marxe dos números impares da rúa San Xosé. Posiblemente sexan unhas das peores aceras de todo o centro de Carballo, co agravio comparativo que supón que en toda a mazá foran renovadas as beirarrúas, colocando baldosa (rúas Gran Vía, Desiderio Varela, Coruña e Martín Herrera) e incluso na marxe dos números pares se fixeron beirarrúas novas gardando a mesma estética das circundantes. Pola contra, as beirarrúas ás que nos estamos a referir, son de cemento, de uns 50 metros de longo, están cheas de remendos, desniveis e incluso buratos que supoñen un perigo patente para os viandantes, e presentan unha estética manifestamente mellorable, como se pode comprobar nas fotos que se adxuntan.


Esta situación é de sobra coñecida polo goberno municipal, pois, aparte de saltar á vista, xa foi denunciada polos veciños, incluso por escrito. En marzo do ano 2007, oito familias residentes na rúa San Xosé presentaron un escrito no Concello solicitando que se fixeran aceras novas nesa rúa. Desgraciadamente, non só non se fixeron, senón que esta solicitude nin sequera obtivo contestación do goberno municipal.

Como o goberno municipal non fixo nada para remediar a situación, esta empeorou. As aceras foron desfacéndose un pouco máis a medida que pasaba o tempo, ante a desidia do goberno local.

Xa que logo, é urxente que se lle dea unha solución satisfactoria a este problema; solución que pasa necesariamente pola construcción de novas beirarrúas que sexan de calidade similar ás circundantes.

Polo exposto, proponse ó Pleno a adopción do seguinte ACORDO:

O Concello de Carballo, no prazo máis breve posible, construirá novas beirarrúas na marxe dos números impares da rúa San Xosé, con calidade e estética similar ás do resto da mazán e ás da outra marxe da mesma rúa, e co ancho necesario.

Carballo, 12 de mayo de 2008.

lunes, 12 de mayo de 2008

PROPUESTA DE APARCAMIENTO PARA CARBALLO


Hasta ahora el gobierno se ha centrado en la idea de hacer un parking subterráneo en la plaza, y como alternativa se han mantenido parking en superficie provisionales.

Sin embargo, existe otra posibilidad de la que nadie ha hablado y que puede ser una solución mucho más lógica: parkings en altura, o edificios de aparcamientos. Es muy habitual en países anglosajones y lo empieza a ser en España.

Consiste en levantar un edificio destinado exclusivamente a aparcamiento de vehículos, incluyendo sótanos o no. Su construcción es mucho más barata que los subterráneos y para la misma superficie permiten una ocupación mucho mayor. La ejecución suele ser muy rápida porque de hecho suelen emplearse estructuras metálicas o prefabricadas de hormigón. Aunque la tipología puede que no parezca muy atractiva, hoy en día se hacen diseños singulares muy estéticos que incluso ganan premios de arquitectura (ver apéndice).


Evidentemente el inconveniente está en que se ocupa suelo urbanizable, mientras que los subterráneos se pueden hacer bajo zonas verdes. La iniciativa privada no los realizará por sí misma porque las viviendas son mucho más rentables. Por eso se construyen para maximizar el aparcamiento en espacios públicos y también en el patrimonio municipal del suelo por iniciativa de los ayuntamientos para solucionar problemas de aparcamiento en ciudades congestionadas con poco espacio, o donde los subterráneos no resultan rentables. Un ejemplo claro es el de la ciudad de Las Palmas:

En 1995 había un serio problema de falta de aparcamientos en Las Palmas de Gran Canaria. El Ayuntamiento y la empresa municipal Sagulpa se encontraron con una ciudad muy deficitaria en plazas de aparcamiento, tanto de rotación como para residentes. El aumento de población y sus necesidades, el crecimiento de la ciudad y de su parque de vehículos, la falta de suficiente infraestructura y la existencia de numerosos edificios sin aparcamiento propio eran los causantes de esta situación.
Para solucionar este grave problema, y en un tiempo récord de 4 años, fue necesario construir 13 edificios de aparcamientos en zonas clave de la ciudad, con una capacidad cercana a las 3.000 plazas y una inversión por encima de los 13 millones de euros.

Y así, en 1999, ya se habían puesto a disposición de los ciudadanos más de 4.000 plazas de aparcamiento. Igualmente se puso en marcha el proyecto CAR, destinado a cubrir la carencia de aparcamientos destinados a residentes.


PROPUESTA DE APARCAMIENTO PARA CARBALLO

Nótese el coste por plaza. Con 13 millones de euros se consiguen 3000 plazas. El proyecto total del subterráneo de Carballo anda por los 6 millones y solo se generan unas 500.
Por supuesto, en Carballo no se dispone hoy del espacio público necesario. Hasta el momento respecto a las cesiones obligatorias originadas por el desarrollo de los polígonos recogidos en el PXOUM, la única iniciativa del gobierno ha sido el comprometer su venta para pagar el préstamo y realizar permutas

Haciendo cuentas, en los edificios de aparcamientos un coche ocupa en media entre 20 y 30 m2 de la superficie total, dependiendo de cómo se aproveche el espacio y del número de plantas (a más pisos las rampas de comunicación suponen una ocupación de espacio mayor). El coste de construcción podemos valorarlo, aproximadamente en valores de Diciembre 07, en unos 5.000 euros por plaza. A título de ejemplo, utilizando áreas que ya se han destinado a estos usos, si suponemos que toda la cesión al Concello de esos polígonos se destina a construir edificios de aparcamientos, salen la siguiente simulación:

Rego da Balsa

San Martiño

Suma

Polígono

26

17

Superficie total (m2)

35.598

29.438

Aprovechamiento tipo

1,9643

2,1475

M2 urbanizables total

69.925,151

63.218,105

13.3143,256

M2 urbanizables cesión

6.992,515

6.321,811

13.314,326

Plazas aparcamiento

233-349

210-316

443-665

Coste construcción (M€)

1,16-1,75

1,05-1,58

2,21-3,33

En caso de desarrollarse esos polígonos, y con un coste muchísimo menor, se crearían tantas plazas como en el subterráneo.

PROPUESTA DE APARCAMIENTO PARA CARBALLO

CONCLUSIÓN:

Esta propuesta no constituye la panacea para resolver el grave problema de aparcamiento actual, pero sí que puede ser una alternativa interesante para el futuro inmediato y para el debate del diseño urbano de Carballo.

Se hace pública para contribuir a aportar alternativas a un problema urgente, muy importante, al que se debe dar respuesta y que está sujeto a aportaciones y mejoras.

miércoles, 7 de mayo de 2008

Continuando coa política da propaganda permanente


O CONCELLEIRO DE TRÁFICO ANUNCIA POR CUARTA VEZ EN CATRO MESES QUE VAN PINTAR OS PASOS DE PEÓNS EN CARBALLO.

· Como non teñen ningunha solución ós problemas de tráfico, convirten en noticia o traballo ordinario do departamento.

· O goberno municipal segue sen aclarar onde estarán é cando entrarán en servicio as plazas de aparcamento público que prometeron para recuperar as perdidas.

· O Sr. Alcalde, coma sempre que hai un problema, volta a estar desaparecido : non sabe / non contesta.

Carballo, 7 de maio de 2008.- Namentras en Carballo os problemas da circulación e o aparcamento , cada día son máis importantes, e o tráfico estase a convertir nun pesadelo para quén teña que transitar ou pasear polas nosas rúas en determinados días ou en horas concretas, o Concelleiro de tráfico volve a anunciar, e van catro veces, que se van pintar os pasos de peóns en mal estado, coma a gran medida do seu departamento.

O goberno mellor pagado da historia de Carballo que en cinco anos non fixo ningunha plaza da aparcamento pública nova, nin siquera traballaron para sustituir as que se perderon, e a día de hoxe aínda non se sabe onde estarán situadas nin cando entrarán en servicio as plazas de aparcamento para sustuír as perdidas. Coma sempre tarde, mal e arrastro.

Incapaz de poñer solucións para arranxar os problemas, enfrentado e desacréditado públicamente polos propios policías o seu cargo e abandoado polo alcalde que non quere que lle “salpique” o malestar dos cidadáns, o Concelleiro de tráfico emprende a fuxida cara adiante e recurre a propaganda e a “busca da foto” ainda que sexa a mesma do mes pasado.

Ante a falta de solucións recurren a facer noticia do traballo ordinario de conservación e mantenemento da señalización, que é unha obriga do concello, e que se ten feito desde sempre. Calquer día farán noticia de que chegan a traballar a súa hora.

lunes, 5 de mayo de 2008

O PP PIDE AO SR. FERRERO QUE IMITE Ó ALCALDE DE LUGO E PROPOÑA MODIFICAR AS NORMAS DO HABITAT

Actuando en defensa dos intereses de Carballo

· A moción aprobada polos socialistas lugueses deixa en evidencia as excusas do alcalde para votar en contra da moción do PP.

· Queda claro que o Sr. Ferrero elixe actuar como militante do BNG antes que coma alcalde de Carballo.

· Recoñecendo públicamente que o incremento de licencias solicitadas en Carballo é para evitar o impacto das normas demostrou que o PP tiña razón en denunciar os perxuicios da sua implantación.

Carballo, 5 de maio de 2008 .- A reciente decisión do goberno municipal de Lugo –socialista– de posicionarse contra as normas do habitat, propoñendo a sua modificación, veñen a confirmar a argumentación do grupo municipal do PP na dirección de considerálas contrarias os intereses dos concellos e nomeadamente ó de Carballo.

Queda en evidencia o grupo de goberno de Carballo o aceptar, por disciplina de partido, non posicionarse contra un decreto que invade competencias municipais e nos perxudica especialmente, tendo en conta as especiales circunstancias do noso concello, lembremos : polígonos urbanos en plena fase de execución, un plan xeral pendente de aprobación , i en plena crise da construcción, cos problemas de emprego e actividade que se están a sufrir.

Lonxe de actuar en interés dos carballeses o goberno defende a consellería, sin escoitar a especialistas e asociacións empresarias de ámbito local e comarcal que se teñen posicionado en contra e avisan dos efectos negativos que estas normas acarrexan.

Dende o PP de Carballo, solicitamos o alcalde de Carballo que siga os pasos do Concello de Lugo, modifique a sua postura e dialogue na busca do consenso de todolos grupos e axentes locais, para mostrar ante a Conselleira un posicionamento contrario ó actual decreto, que posibilite a sua modificación por outra norma que non perxudique os carballeses.

domingo, 4 de mayo de 2008

Os policías fartos de falsas promesas, poñen en evidencia o goberno

O PP Pide ó goberno que deixe a propaganda e se poña a traballar para solucionar a falta de aparcamentos e o cais no tráfico de Carballo.
A propia Policía Local, recoñece que non lle poñen medios nin persoal para atender as suas funcións.

Denuncian que non se fan servicios por falta de efectivos ou que estan cubertos de xeito non regulamentario.

Carballo, 2 de maio, 2008.- O goberno millor pagado da historia de Carballo e o que dispón de máis concelleiros para traballar, lonxe de acadar resultados que solucionen os problemas de Carballo, agrávanos coa sua falta de previsión e a súa teima pola propaganda permanente.

Con unha situación caótica no tráfico rodado, a cada paso máis complicado nas nosas rúas, sin que se tomen medidas, a perda dos aparcamentos públicos detrás da antiga estación de autobuses, veu a acrecentar un problema que na súa maior parte é responsabilidade de un alcalde que tras cinco anos no cargo, non foi quen de dar solucións e de adiantarse a unha situación anunciada dende hai tempo. Non é quen de crear novos aparcamentos nin de conservar os que lle deixaron.

A evidencia máis palmaria da falta de traballo de este goberno é que os propios policías locais teñen denunciado a súa situación e a falta de solucións do goberno que pasa máis tempo presumindo de que Carballo medra moito que adiantándose os problemas e dando solucións.

O PP ten denunciado a falta de efectivos da Policía Local e proposto a ampliación da plantilla, que sempre foi rexeitada polo goberno. Así como denunciou que o incremento da zona azul sin novos efectivos de vixiancia é unha medida totalmente inútil.

A actual situación, vistas as denuncias dos efectivos do propio servicio, pon en evidencia o fracaso do Concelleiro de tráfico e policía, e a súa incapacidade para dirixir o departamento, polo que sería procedente o seu relevo por parte do Alcalde.


Texto íntegro do comunicado da asociación de policía:

Diante das informacións aparecidas nos medios de comunicacións en datas recentes, referidas a aprobación polo Governo Local de Carballo da ampliación da Zona Azul, a revisión da utilización das zonas de carga e descarga e outras tamén relacionadas coas dificultades para a circulación no casco urbano de Carballo, esta Asociación Profesional, na que están integrados a maioría do Policías de Carballo, manifesta:

Sin entrar na valoración da efectividade da Zona Azul en canto a regulación dos estacionamentos, queremos facer público que a referida Zona Azul non está a ser atendida por ningún Policía, xa que ó axente que se lle encomendou esta función está de baixa por Incapacidade Temporal, habendo longas temporadas con esta mesma situación. Esto é debido, estre outras cousas, á política da Concellaría de persoal do Concello, da que é o seu titular o Concelleiro Benedicto Viña, como tamén o é da Sección da Policía Local. Calquera pode entender que para exercer as funcións propias do Corpo ó que pertencen, os policías deben ter unha determinada capacidade física e mental, e de feito, a Lei de Coordinación das Policías Locais establece as condicións nas que os Policías deben pasar a unha segunda actividade, e entre elas están o alcanzar a idade de 55 anos ou cando, sin chegar a isa idade, o axente teña mermada a súa capacidade física ou mental.

Pois ben, o Concelleiro da Policía de Carballo, e polo visto tamén, o Xefe do Corpo, teñen outra interpretación, e así ocorre que hoxendía hai tres policías apartados do servicio 24 horas por problemas físicos e/ou mentais, pero que teñen asignados servicios na rúa. Así podemos atopar algún policía pola rúa que non porta arma regulamentaria, o que está de feito prohibido por lei. ¿Qué pasará si ese policía que está na rúa se atopa nunha situación na que debe defender a integridade física, ou a vida, dos cidadáns, ou a súa propia vida?

Tamén nos podemos atopar con que eses policías......que teñen mermadas as súas condicións físicas e/ou mentais, son os que regularmente fan as súas funcións no vehículo policíal, mentres aqueles que se encontran en perfectas condicións cumpren o servicio a pé. ¿Qué pasará si xurde unha emerxencia? Pois que os axentes que traballan a pé deben acudir con urxencia á Xefatura, coller un vehículo policial e desprazarse ó lugar da emerxencia. Despois non poderá sorprender que o tempo de resposta non sexa o axeitado.

Namentras, os Partidos Políticos, sen excepción, non teñen reparos en incluir dentro do seu Programa a ampliación da plantilla da Policía Local. Pois ben, dende o ano 1992, é decir, en 16 anos, o incremento efectivo da plantilla foi de 3 axentes. Menos de un axente cada 5 anos. Si a eso lle engadimos que hai tres policías apartados do servicio 24 horas e que en vez de un Cabo agora hai dous (que tampouco fan servicio 24 horas), o saldo é negativo.

Como consecuencia, en periodos de festas, como son o San Xoán ou o Nadal, para "vender" diante dos cidadáns o incremento da presencia policial nas rúas, decretan a suspensión de vacacións e permisos dos policías.

A carencia de efectivos tamén é argumento para denegar de xeito sistemático os días de permiso ó que teñen dereito os policías, como funcionarios que somos.

Agora no verán, o Governo Municipal nomeará a catro Auxiliares de Policía, que carecen do carácter de Axentes da Autoridade, que a lei atribúe os Policías. Estes auxiliares de policia non poden denunciar infraccións de tráfico, nin identificar persoas, e moitos menos, detelas, pero en Carballo non teñen reparos en que substitúan ós axentes e asuman as funcións dos mesmos. Desta maneira, mesmo traballan polas noites, facendo seguridade cidadá. Pero o importante é ter presencia policial nas rúas, ainda que sexa con persoas sen experiencia, sen preparación específica e se a autoridade necesaria. O importante é "que nos vexan".

Os estudos realizados sobre as condicións de traballo dos axentes da Policía Local, e en concreto, o realizado en datas recentes pola Universidade de Cantabria, determinan que os axentes con idades próximas ós 40 anos empezan a mostrar un "deterioro funcional claro", e por riba dos 55 a capacidade para cumprir a maior parte das súas funcións "atópase mermada significativamente, afectando á súa propia saúde e á seguridade de terceiros".

Este estudo, que se fixo durante un ano, en 643 plantillas de Policía Local, destaca que o 65% dos policías tivo problemas de estrés, que case un 17% necesita consumir tranquilizantes ou relaxantes, e que preto dun 45% tivo problemas de ansiedade. A idade media dos Policías Locais de Carballo non está lonxe dos 50 anos. Non se está a renovar a plantilla con xente nova. Non se está aplicando a lei no referente á segunda actividade. Suspenden os permisos e vacacións en tempos en que todo o mundo quere estar coa súa familia. Non sorprenderá, entón, que dentro de pouco, os policías "apartados" do servicio 24 horas sexan máis que os que presten ese servicio. E aqueles que o sigan prestando, de seguro que non estarán nas mellores condicións para facelo.

No que atinxe ós problemas de circulación e aparcamento no casco urbano, entendemos que é un problema do que non está exento ningún Concello de certa entidade. Pero si ese Concello, por riba, carece dunha ordenanza de circulación, o problema é irresoluble.

Este é o caso do Concello de Carballo, que con máis de 30000 habitantes, é en pleno ano 2008, aínda non ten aprobada unha Ordenanza Municipal de Circulación, a pesares de estar así atribuído pola Lei Sobre Tráfico, na que se dí textualmente, en canto ás competencias dos municipios: "A regulación mediante Ordenanza Municipal de Circulación, dos usos das vías urbanas, facendo compatible a equitativa distribución dos aparcamentos entre todos os usuarios coa necesaria fluidez do tráfico rodado e o uso peonil das rúas ..."

Que saiban os policías, unicamente están regulados por Ordenanza os seguintes apartados:

- A Zona Azul, da que xa queda acreditada a atención que se lle presta.

- A Carga e Descarga. Que foi aprobada no ano 2004, e nunca se puxo en marcha, pero para a nosa sorpresa, o Concelleiro ven a dicir en abril de 2008 que pretende adecuar a súa utilización.

- As Paradas de Autobuses. Tamén se aprobou no ano 2004, .. e tampouco se puxo en marcha. Presumiblemente, un destes días o Concelleiro anunciará que vai a "adecuar a súa utilización".

Descoñecemos si existe unha ordenanza para a "Zona Verde". Pero na rúa Colón, hai un espacio sinalizado, dende hai xa moitos meses, horizontalmente coa cor verde e verticalmente con sendos sinais que indican que é unha zona restrinxida a residentes, excepto os días de feira. Tamén será obxecto de "adecuación".

Pero por si eso fose pouco, Carballo padece unha regulación da circulación do tráfico pésima e perigosa, e o mesmo se pode dicir da sinalización. Existen en Carballo cruces imposibles, pola súa regulación e sinalización. Pódese citar como exemplo o cruce de Praza de Galicia con Camiño Novo e rúa Ponte, onde se fixo un importante inversión de diñeiro en semáforos que nunca se puxeron a funcionar e que resulta un embudo no que se atascan os vehículos. Outro exemplo de mala regulación e sinalización é o cruce de Vázquez de Parga con Emilia Pardo Bazán, que resulta extremadamente perigoso pola pésima resolución que se lle deu.

Pero mención aparte merece o cruce das rúas Ponte, Perú, Poniente e Luis calvo. Calquera que se achegue a este cruce cando non están a funcionar os semáforos, poderá comprobar as tremendas dificultades que teñen os conductores para saber quen ten prioridade de paso, xa que cada unha destas vías conta co seu sinal de "ceda o paso" ou "stop". Non é de estranar, tal como está sinalizado. Nos tamén temos as mesmas dificultades. Calquera día haberá unha desgracia persoal, como foi a morte por atropelo ocorrida na rúa Vázquez de Parga, onde a sinalización do paso de peóns era deficiente, para que se revise a sinalización. Pero para entón, a desgracia xa terá ocorrido.

En canto á sinalización informativa, entendemos que en Carballo pode chamarse de calquera outro xeito, menos informativa. Hai unha ausencia case total de paneles indicadores de direccións e os poucos que hai son pouco afortunados. Cabe mencionar que si algún visitante, que proceda do centro de Carballo, é decir, da Praza de Galicia , e baixe pola rúa Ponte, en dirección a Malpica, atopará no seu camiño un indicador que reza "centro de poboación", que o levará a Fisterra. É posible que ó cartel lle falte eso último: "centro de poboación ... de Fisterra". Os carteis que poñen "Outras direccións", nin merecen comentario.
Dende esta Asociación queremos denunciar publicamente que tódolos políticos que pasaron polo Governo, lexislatura tras lexislatura, teñen a súa parte de responsabilidade, en especial aqueles que tiveron ou teñen responsabilidades na Policía Local, delegadas polo Alcalde de turno, por non ter, cando menos, tentado darlle solución a estes problemas.

Pero posiblemente máis grave sexa o caso do Xefe da Policía de Carballo, que despois de máis de vinte anos no cargo nin denunciou a situación, nin fixo nada para remediala. Posiblemente, sexa porque non traballa a turnos, non lle denegan os permisos, vai de vacacións cando él quere e cobra as horas extras que él mesmo controla, entre outros "privilexios". Como acabo de dicir, "actual Xefe da Policía Local", pois a nova Lei de Coordinación de Policías Locais de Galicia (lei 4/2007 de 20 de abril) aprobada no mes de maio do ano pasado, cita textualmente no seu artigo 28.5 "a creación da categoría de Inspector Principal será obrigatoria nos Concellos de máis de 25.000 habitantes...". Queda claro que ó Concello de Carballo de momento esquecíuse de que ten que crear unha nova praza de Inspector Principal, e por tanto ó ser esta praza de superior categoria, ter así un novo Xefe da Policía Local de Carballo. Cómpre suliñar que dende a Asociación apoiaremos con tódalas nosas forzas a aplicación da Lei de Coordinación de Policías Locais por entender que é un mecanismo necesario e moi beneficioso para o progreso e millora dos Corpos de Policía Local.

Carballo, a 02 de maio de 2008
O Presidente da Asociación Profesional
de Policías Locais da Costa da Morte


sábado, 3 de mayo de 2008

O Sr. Ferrero tira a pedra i esconde a man, atrapado nas suas mentiras.

O ALCALDE SIGUE ENREDANDO E NON ACLARA CALES SON OS MEMBROS DA OPOSICIÓN QUE COBRAN MAIS COS DO GOBERNO.
Non se poden facer acusacións gratuítas e falaces. Dende o PP pedímos que aclare convenientemente as suas palabras ou en outro caso, que as retire por falsas e pida disculpas os carballeses.
Non é propio que intente enganar os carballeses sembrando a discordia e a confusión intencionadamente, para tapar o derroche dos cartos públicos en soldos a concelleiros do goberno que non teñen xustificación.
O Sr. Ferrero ten a oportunidade e a obriga de acreditar as suas palabras e que todos os carballeses saiban claramente o que cobran os concelleiros de Carballo. Pola nosa banda, para facilitarlle a sua aclaración, autorizamos o alcade que faga públicas as retibucións como concelleiros dos membros do grupo municipal do PP.